KIPIN Red Social abierta y profesional

CCOO amosa a súa total disconformidade coa actitude da empresa UNISONO ubicada en Vigo. A citada empresa comunicou o pasado venres día 24 de xuño aos representantes dos traballadores que vai presentar un ERE ante a Xunta có que pretende despedir a 151 traballadores.

Ademais dos 151 traballadores que a empresa pretende despedir mediante un ERE, tamén comunicou ó Comité de Empresa o fin de contrato de 117 compañeiras e compañeiros polo remate dunha obra para o día 31 de xullo. CCOO quere recordar que ademais esta empresa leva só este ano máis de 300 despidos argumentando simplemente unha disminución do volumen de traballo.

Unisono é unha empresa adicada ó telemarketing que abriu un primeiro centro de traballo en Vigo no ano 2005, e no ano 2007 abriu un segundo centro recibindo por iso unha subvención económica do  IGAPE, sendo un dos requisitos a creación de 100 postos de traballo netos nun período de 5 anos dende a finalización da execución do proxecto subvencionado. CCOO denuncia a actitude totalmente irresponsable da empresa Unisono que no último ano en Galicia pensa despedir máis de 500 persoas o tiempo que abriu novos centros de traballo en países como Chile.

O sector de telemarketing neste momento esta en movilizacións continuas e CCOO xunto con outras centrais sindicais convocou una folga xeral no sector o próximo venres 01 de julio pola situación de bloqueo na que se encontra a negociación do V Convenio de Contact Center (telemarketing).

Visitas: 6

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de KIPIN Red Social abierta y profesional para añadir comentarios!

Únete KIPIN Red Social abierta y profesional

© 2012   Creado por Miquel Loriz.

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio